Selecciona o teu idioma

Clases de pintura en Santiago de Compostela para adultos e nenos

Clases de pintura en Santiago de Compostela para adultos e nenos

Debuxar e pintar todos os niveis en Santiago

En Altaira adaptámonos a todos os niveis

Queres aprender a debuxar e pintar? Necesitas inspiración ou mellorar as túas técnicas? Precisas axuda cun traballo práctico ou pasar unha proba de acceso a unha escola artística?

En Altaira ofrecemos formación en diferentes técnicas de pintura, adaptándonos a todos os niveis de coñecemento e experiencia previa. Dende nenos ata adultos, pasando por principiantes, aficionados ou profesionais. Compartimos cos nosos estudantes os nosos coñecementos sobre as distintas técnicas artísticas das belas artes.

Aprendemos con vós, creamos xuntos.

Clases de pintura individuais en grupos afíns

Na nosa escola de pintura en Santiago de Compostela, compartirás horario con outras persoas "afíns" (por idade ou nivel). Aínda así, a atención na clase será totalmente individual e personalizada.

O noso local é amplo, e cada alumno conta co seu espazo para desenvolver o traballo. O profesor vai rotando e atendendo a cada obra e alumno por separado.

En Altaira damos aos nosos estudantes todos os materiais que precisan para sacar adiante as súas obras, guiándoos a través da súa aprendizaxe e ensinándolles distintas técnicas de pintura.

Clases de pintura individuais e en grupo Santiago de Compostela

Aulas de pintura en Santiago para todos os niveis

Clases de pintura para nenos e adultos (mozos e maiores)

Clases de pintura para principiantes

Clases de pintura para mellorar a técnica e para estudantes de arte

Profesor de pintura e artista

Xurxo Martiño é o mestre e propietario de Altaira.

Un gran profesional do ensino, pintor e artista plástico de ampla e premiada traxectoria, con múltiples obras en importantes exhibicións nestes últimos anos.

Xurxo Martiño, Altaira en Santiago de Compostela
Academia de pintura para oposicións e probas en Santiago

Academia de pintura para oposicións e probas

Axudamos a persoas que estean a preparar probas prácticas de arte. Por exemplo, estudantes de escolas artísticas ou do grao de Belas Artes, ou aqueles que estean preparando probas de acceso para as mesmas.

Tamén ofrecemos apoio coa preparación da parte práctica das oposicións a profesorado de arte.

Clases individualizadas de pintura en Santiago

Incorporación en calquera momento do ano

Ao seren clases individualizadas, podes comezar en calquera momento do ano, aínda que o grupo estea xa feito (sempre e cando a capacidade non estea completa). Ademais, impartimos cursos intensivos en verán, nos meses de xullo e agosto.

Os nosos horarios son de sesións de unha hora e media á semana para os nenos; e de dúas horas de clase á semana para os adultos. Ofrecemos distintas alternativas de asistencia, primando sempre a flexibilidade dos horarios e da aprendizaxe de cada alumno. Contacta con nós para horarios mais amplos de asistencia.

Escola de arte en Santiago de Compostela

Contacta con Altaira, a túa escola de arte en Santiago de Compostela

Non dubides en visitarnos se queres comezar en clases de pintura, comprar material artístico ou enmarcar a medida unha fotografía ou un cadro. O noso espazo, amplo e luminoso, está completamente equipado para que podas desenvolver a túa creatividade e atopar o artista que levas dentro. Agardamos por ti en Rúa do Vieiro, 4-6!

Contactar