Espazo dedicado ao arte en Santiago de Compostela

UN ESPAZO PARA A CREACIÓN

Logotipo de Altaira Arte e Ensino en Santiago

Altaira: paixón pola arte e a beleza

En Altaira somos un equipo de profesionais e apaixoados do arte. Queremos servir de apoio e ferramenta para que todo aquel con inquedanzas artísticas atope o seu camiño de expresion, explore a súa creatividade e se convirta nun creador.

Na nosa escola e tenda de pintura en Santiago entendemos o proceso creativo coma un todo, dende o eslabón máis cativo ata o máis complexo. Axudamos tanto ao estudante que quere mellorar a súa técnica, como aquel que non pintou xamáis. Atendemos ao aficionado que ven en busca de materiais, ou ao artista profesional que busca novas técnicas de creación.

Para todo isto, ofrecemos o noso luminoso e amplio local como escola e tenda de arte en Santiago de Compostela. Damos formación ou asesoramento profesional a todos os que atravesan as nosas portas, sempre dende un perfecto equilibrio entre a profesionalidade e a cercanía dun negocio local.

O que nos move en Altaira é a paixón pola arte e a beleza, e o aprecio polo creador e a súa difusión.

Logotipo de Altaira Arte e Ensino en Santiago

Equipo de Altaira

En Altaira atopará a especialistas con gran paixón polo mundo das belas artes, como o mestre Xurxo Martiño, profesional non só do ensino, senón tamén el mesmo un artista de longa e recoñecida traxectoria. As súas obras estiveron expostas en máis de 30 exhibicións ao longo dos últimos anos en distintos puntos de Galicia. Gañou múltiples premios de arte, no eido da pintura e as artes plásticas.

Xurxo é un apaixoado da arte, e un explorador da súa propia creatividade, descubrindo sempre novos medios e técnicas cos que expresarse a sí mesmo e formar aos seus estudantes.

Ver obras de Xurxo Martiño

Descubre o noso local

Estamos en Rúa do Vieiro, en Santiago de Compostela. Se traes aos teus fillos ou vives lonxe, non te preocupes: terás todas as posibilidades de aparcamento. Ademáis, o local de Altaira é totalmente accesibles, dando a todos os nosos clientes facilidades para o acceso.

No noso local atoparás un espazo amplio e luminoso onde deixar voar a túa imaxinación e creatividade. ¿Sabías que Altaira significa "voar alto"?

¡Ven a aprender e crear con nós!

Altaira en Santiago

Contacta con Altaira

Esperámosche en Rúa do Vieiro, 4-6, en Santiago de Compostela.

Aquí atoparás un amplo e luminosos espazo no que desarroiar o teu proceso creativo ou atopar ao xenio creador que levas dentro. Non dubides en vir a coñecernos se queres comezar clases de pintura en Santiago de Compostela, comprar material artístico ou enmarcar un cadro ou foto a medida.

CONTACTAR