Escola de arte en Santiago de Compostela
CLASES DE DEBUXO E PINTURA

Escola de pintura e de debuxo
Altaira é un espazo dedicado á formación e ensino de debuxo e pintura en Santiago de Compostela. Somos un centro preparado para axudarte ao teu desenvolvemento no campo das belas artes.
No noso local impártense clases de pintura para nenos e adultos, adaptadas a todos os niveis. Tamén temos un pequeno taller propio para a enmarcación a medida de obras de arte, e unha tenda de materiais de belas artes onde poderás atopar calquer material que desexes neste campo.
Ofrecemos a todos os afeccionados ao arte en Santiago un espazo para aprender a debuxar e a pintar ao seu ritmo e con total liberdade, adaptando as técnicas de aprendizaxe ao seu avance e necesidades. Contamos cun espazo amplo e luminoso, con facilidade de aparcamento e movilidade, e que cumpre de manera estricta con todos os protocolos de seguridade vixentes para a prevención de contaxios.
Clases de pintura para nenos e adultos
En Altaira damos clases de pintura para nenos e adultos, adaptadas a todos os niveis. Ensinamos diferentes técnicas de pintura: técnicas artísticas das belas artes. As clases son personalizadas, aínda que enmarcadas nun grupo afín. Cada estudante ten o seu nivel, a súa obra, ideas e dúbidas, e por iso en Altaira atendemos individualmente a cada un deles.
Na nosa escola de pintura en Santiago tamén axudamos a estudantes de escolas artísticas e de oposicións de belas artes a preparar as partes prácticas das súas probas.

Tenda de materiais de Belas Artes
En Altaira poñemos a disposición dos nosos clientes unha amplia gama de materiais de pintura e arte.
Na nosa tenda de arte en Santago de Compostela calquera interesado poderá atopar todos os materiais necesarios para levar a cabo unha obra artística: dende lenzos de diversos tamaños, pasando por pinturas de todo tipo (óleos, pasteis, acrílicos), ata barnices, cretas, pincelería... Sexa o que sexa que precises para levar a cabo o teu proxecto, achégate a Altaira e pídenos asesoramento.
Enmarcación a medida en Santiago de Compostela
En Altaira temos o noso propio taller de enmarcación con corte a medida.
Enmarcamos calquera obra, pictórica, fotográfica... De calquera tamaño.
Somos un establecemento de referencia en Santiago para o enmarcado de cadros, fotografías ou calquera outra obra de arte.
Non dubides en contar con nós para realizar unha enmarcación a medida.

¿Quenes somos?
En Altaira contamos cun equipo de mestres especializados nas diferentes áreas das belas artes, entre eles, podemos mencionar a Xurxo Martiño, docente cunha ampla traxectoria no eido da creación artística, cuxas obras foron expostas en máis de 30 exposicións.
O noso propósito é ofrecerlle a cada alumno un espazo cómodo e agradable onde experimentar a pintura e o debuxo con total liberdade e aprendendo de man de especialistas volcados no seu desenvolvemento.
Contacta con Altaira
Esperámosche en Rúa do Vieiro, 4-6, en Santiago de Compostela.
Aquí atoparás un amplo e luminosos espazo no que desarroiar o teu proceso creativo ou atopar ao xenio creador que levas dentro. Non dubides en vir a coñecernos se queres comezar clases de pintura en Santiago de Compostela, comprar material artístico ou enmarcar un cadro ou foto a medida.