Tenda de materiais de belas artes en Santiago de Compostela
UN ESPAZO PARA A CREACIÓN

Tenda de arte en Santiago de Compostela
No noso local de Rúa do Vieiro 4-6 poderás atopar unha tenda de pintura e arte cun amplio surtido de materiais de Belas Artes para levar a cabo os teus proxectos artísticos. Materiais específicos, das mellores e máis solicitadas marcas do sector.
En Altaira atoparás todo o necesario para facer realidade as túas ideas, por moi concretas que sexan. Non dubides en contactarnos para preguntarnos por calquera material concreto que andes a buscar.

Tenda de materiais de pintura
Poñemos á disposición de estudantes e clientes o mellores materiais, das mellores marcas e calidades. Unha das tendas de materiais artísticos máis completas de Santiago de Compostela. Prestamos asesoramento e atención a principiantes e profesionais por igual.
- Lenzos
- Pinturas: óleo, acrílico, pastel, acuarelas, aerosois, esmaltes
- Lápices, carboncillos
- Ferramentas para o debuxo
- Tintas
- Barnices
- Cretas
As mellores marcas a túa disposición
En Altaira traballamos coas mellores casas de materiais artísticos. Marcas ben coñecidas, valoradas e moi solicitadas por principiantes e profesionais.
Ofrecemos aos nosos clientes distintos rangos de precios para que poidan adaptarse aos seus presupostos e esixencias. Os nosos moitos anos de experiencia no sector permítennos coñecer profundamente todos os produtos que temos a venta na nosa tenda de pintura e arte en Santiago de Compostela. Confía no noso asesoramento e na calidade das mellores marcas.
Enmarcado a medida de cadros ou fotografías
En Altaira somos un establecemento de referencia para o enmarcado a medida de obras de arte en Santiago de Compostela. Enmarcamos cadros, fotografías ou calquera obra. Contamos cun taller propio con corte a medida no noso local. Tamén atoparás un aplio surtido de molduras ou marcos en aluminio e madeira.
Trae o teu cadro, fotografía, obra de calquera tipo e a enmarcamos para que poidas regalala, colgala na túa parede...

Contacta con Altaira
¿Andas a buscar algún material artístico en Santiago de Compostela?
¡Altaira é o teu lugar!
Atopa lenzos, pinturas, lápices e todo tipo de ferramentas para facer realidade os teus proxectos artísticos.
Darémosche un asesoramento profesional, gracias ao noso amplio coñecemento das técnicas artísticas e dos produtos que temos á venta no noso local en Rúa Vieiro.